O estudo da estrutura das células pode resultar complicado polo seu tamaño e a complexidade das mesmas. Pero se «creamos» nós esas células en 3D, xigantes e ademais con materiais diversos como plastilina, xelatinas ou lambetadas, quen se vai a resistir a «probalas»?. Aquí tedes o resultado dos traballos do alumnado de 3º ESO. Un verdadeiro pracer á vista. Noraboa polo voso traballo!
