Novas

Cando as paredes falan

Na Fraga da Palabra estamos de volta inaugurando un novo espazo artístico que leva por título «Cando as paredes falan», e no que estarán traballando 1º e 2ºEP. Trátase dunha instalación de arte progresiva baseada nos dous graffitis de 3ttman que hai en Vigo e onde os participantes teñen que construir un mural de arte urbana con pegatinas, en vez de sprays.

Animámosvos a visitar este interesantísimo espazo!