
ADN Andersen
O Colexio Andersen está situado en Augalonga, na parroquia de Valadares (Vigo), nun contorno natural privilexiado entre o monte Alba e o monte Galiñeiro, que favorece un ambiente tranquilo e axeitado para a aprendizaxe.
O centro nace no ano 1969 da iniciativa dun grupo de profesionais da educación, co apoio de familias comprometidas cun proxecto pedagóxico baseado no desenvolvemento integral do alumnado. Tras os seus primeiros anos na Avenida de Fragoso, o Colexio Andersen consolidouse coas actuais instalacións, cuxa construción se iniciou en 1977.
No ano 1989 comezou unha nova etapa tras un cambio xeracional na titularidade, mantendo o espírito educativo orixinal e apostando pola combinación de experiencia, innovación e identidade propia.
Na actualidade, o Colexio Andersen continúa evolucionando para dar resposta ás necesidades dos nenos e nenas do futuro, adaptando a súa práctica educativa aos novos retos sociais e pedagóxicos, sen perder os valores que definen a súa identidade como centro.
