Novas

Visita MUNCYT e Casa das Ciencias

Co motivo da Semana da Ciencia, o vernes o alumnado de 1º e 2º ESO visitou o MUNCYT e a Casa das Ciencias en A Coruña. Participaron nun obradoiro de electricidade construíndo os seus propios circuítos eléctricos, experimentaron con algunhas das Leis da Física mediante a experimentación e o xogo, e viaxaron á Lúa, identificando as estrelas máis importantes e as constelacións máis espectaculares do noso ceo nunha sesión «espacial» no planetario. Que divertido é aprender Ciencias!