O alumnado de 2º e 3º da ESO realizou unha orixinal exposición de instrumentos construídos paso a paso por eles mesmos. Utilizando principalmente materiais reciclados como cartón, botellas, gomas, anacos de madeira e moito máis, demostraron unha gran habilidade artística.







