Novas

Festival azul

O alumnado de 1º ESO participou no Festival da Semana Azul organizado pola Asociación Clúster Náutico Rías Baixas e desenvolvido nas instalacións do Real Club Naútico de Vigo. Primeiro participaron no Obradoiro de redeiras, no que o alumnado coñeceu esta profesión e aprenderon como se traballan as redes. A continuación tiveron o Bautismo de vela. Tras unha pequena clase
teórica onde lles explicaron diferente terminoloxía náutica, a rapazada, acompañada dos monitores, saíu a navegar en tres barcos de vela. Levaron o timón e as velas e, aínda que o vento non acampañou demasiado, gozaron do bo tempo e tiveron o seu primeiro contacto co mar.