25N

ARTE E RESISTENCIA: MULLERES QUE LOITARON CO SEU PINCEL

O 25 de novembro celebrouse o Día da Eliminación da Violencia contra a Muller. Este ano quixemos lembrar esta data a través da arte, coñecendo a vida e a obra de mulleres artistas que sufriron a violencia, o esquecemento ou a desigualdade, pero que souberon transformar a dor en creatividade e forza. Frida Kalho, Camille Claudel ou Dora Maar foron algunhas coas que traballamos estes días. Rematamos o día creando unha instalación artística colectiva con obxectos cotiás decorados ou transformados en cor morado que trouxemos da casa para representar a voz, a unión e a forza creativa de todo o noso centro, lembrándonos que a arte tamén pode ser unha forma de resistencia e expresión. Que todos os días sexan 25N!