Novas

Luces, cámara e acción!

Despois do duro traballo do primeiro trimestre repartindo os papeis, os personaxes, os diferentes cargos e discutindo sobre o guión, agora si, comezamos coas gravacións do gran musical de 4º ESO «Hoxe non me podo levantar». Está resultando un traballo sorprendente e enriquecedor, pero sobre todo moi divertido onde non deixamos de rir en cada […]

A química é aburrida?

Que a táboa periódica dos elementos químicos é complicada e difícil de entender? Pois facemos unha!. Así o alumnado de 2º ESO elaborou a súa propia táboa periódica cos elementos químicos máis representativos, redactando eles mesmos as súas características e traíndo diferentes materiais que contiñan o elemento que cada un seleccionou, por suposto ataviados como […]

Día da Non Violencia e a Paz

O pasado xoves, 30 de xaneiro, celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Grazas ao alumnado de 4º EP por facernos pasar un rato con moito ritmo coa adaptación da poesía de Gloria Fuertes «Solo tres letras» e unha coreografía de percusión con claves moi orixinal. Despois seguimos co apadriñamento lector, onde […]

PORTAS ABERTAS «MEDRANDO XUNTAS E XUNTOS»

O próximo mércores 26 de febreiro ás 17:30 invitámosvos a coñecer o noso cole, un espazo de respecto rodeado da beleza da nosa natureza galega. Inscripcións: chama o 986-46.94.12 ou escríbebos ao, cpr.andersen.augalonga@edu.xunta.gal

Ciclo da auga 1º ESO

Durante o mes de xaneiro o alumnado de 1º da ESO estivo traballando no Ciclo da auga estudando as diferentes fases e reservorios polos que vai viaxando esta importante molécula no noso planeta. O resultado foron estas maquetas tan orixinais! Moi bo traballo!

Onde está a túa información cando vai » á nube»

Hoxe o alumnado de 3º e 4º da ESO recibiu a Rebeca P. Díaz Redondo, catedrática do Departamento de Enxeñaría Telemática da Escola de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, para falar sobre a computación da «nube», os grandes centros de datos onde se almacena a información que proporcionamos e a súa seguridade, paradigma que tratou conxugándoo coa computación en dispositivos pequenos e a súa viabilidade para solucións de intelixencia artificial.