Loader

50 Anos Andersen

50 ANOS ANDERSEN

50 ANOS…

50 anos de ilusións, soños e ideas.
50 anos de sorrisos, abrazos e bágoas.
50 anos de alegrías, sorpresas e algunha tristeza.

50 anos de letras, libros e contos.
50 anos de ciencia, experimentos e contas.
50 anos de mapas, razoamentos e historia.

50 anos de predicións acertadas (vas caer!).
50 anos de afirmacións rotundas (era visto!).
50 anos de saídas didácticas (cantos kilómetros!).

50 anos de Magostos.
50 anos de festas de Nadal e Entroidos.
50 anos de Letras Galegas e Festas dos Maios.

50 anos de alumnado, familias e profesores.
50 anos da NASA (puxémonos dacordo!).
50 anos que forman parte da vida de moitas e moitos.

Se estiveches con nós, sabes que nunca chegaches a irte,
a túa marcha foi tan só un ata logo.
Benvid@ de novo!

 

O 18 de abril de 2020, de 12.00 a 18.00 h.,

verémonos tod@s!!

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies