Solicitudes de Admisión
Pódese solicitar por teléfono (986469412) unha visita ao Centro para coñecer as instalacións e o noso proxecto educativo.
Admisión: do 1 ao 20 de marzo do 2023 ambos incluídos. A solicitude preferiblemente cubrirase na aplicación admisionalumnado e presentarase en Sede Electrónica ou, de forma presencial, no centro escollido en primeiro lugar.
- Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
Información e Documentación Importante
- Criterio Complementario do Centro:
- “O/A solicitante sexa familiar dun antiguo/a alumno/a ou alumno/a matriculado/a no centro no curso escolar vixente”.
- Impreso Solicitude
- Calendario Proceso Matriculación
- Nº de Prazas Dispoñibles
Zonas escolarización Vigo (Mapa facilitado pola Administración)
- Zona influencia: 13
- Zonas limítrofes: 8, 9, 10, 11 e 12.
- Concellos limítrofes: Gondomar, Mos, Nigrán e O Porriño.
- Zona influencia: 7
- Zonas limítrofes: 6 e 8.
- Concellos limítrofes: Gondomar, Mos, Nigrán e O Porriño.