O noso centro está a impulsar un proxecto de formación en Comunicación Positiva, dirixido a alumnado, profesorado e familias, impartido por Nuria López de Ullivarri. O obxectivo é que todas as persoas implicadas compartan as mesmas ferramentas e estratexias de comunicación, promovendo un clima de respecto, comprensión e empatía. Esta formación contribúe ao benestar e ao desenvolvemento integral do noso alumnado, garantindo que no día a día se reflicta unha forma de comunicarse máis positiva e constructiva.
