Certificación Trinity: preparando o futuro do noso alumnado
O dominio dos idiomas é unha competencia esencial para o futuro académico e profesional do alumnado. No Colexio Andersen entendemos o inglés como unha ferramenta real de comunicación e, por iso, apostamos por unha aprendizaxe práctica e orientada ao uso do idioma en situacións cotiás.
Neste compromiso coa calidade, o noso centro impulsa as certificacións oficiais do Trinity College London, unha entidade recoñecida internacionalmente. O noso alumnado pode presentarse aos exames GESE e ao exame ISE (Integrated Skills in English), que permite acadar o nivel B1 ao rematar a ESO. Esta certificación avalía de forma equilibrada as catro destrezas lingüísticas —falar, escoitar, ler e escribir— e destaca polo seu enfoque moderno e comunicativo.
A través de Trinity, o Colexio Andersen ofrece unha avaliación externa, obxectiva e de prestixio, que prepara ao noso alumnado para os retos reais do seu futuro académico e profesional.

