Blog da Biblioteca de Secundaria

Ciclo da auga 1º ESO

Durante o mes de xaneiro o alumnado de 1º da ESO estivo traballando no Ciclo da auga estudando as diferentes fases e reservorios polos que vai viaxando esta importante molécula no noso planeta. O resultado foron estas maquetas tan orixinais! Moi bo traballo!

Onde está a túa información cando vai » á nube»

Hoxe o alumnado de 3º e 4º da ESO recibiu a Rebeca P. Díaz Redondo, catedrática do Departamento de Enxeñaría Telemática da Escola de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, para falar sobre a computación da «nube», os grandes centros de datos onde se almacena a información que proporcionamos e a súa seguridade, paradigma que tratou conxugándoo coa computación en dispositivos pequenos e a súa viabilidade para solucións de intelixencia artificial.

Escola de Enxeñaría de Minas do CUVI

O alumnado de 2ºESO participou en dous obradoiros na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo; un sobre a luz e o funcionamento do ollo humano, como vemos as cores e como o cerebro identifica, co título de Física Re-creativa; e un segundo obradoiro onde puidemos ver diferentes materiais como fluídos […]

Festival azul

O alumnado de 1º ESO participou no Festival da Semana Azul organizado pola Asociación Clúster Náutico Rías Baixas e desenvolvido nas instalacións do Real Club Naútico de Vigo. Primeiro participaron no Obradoiro de redeiras, no que o alumnado coñeceu esta profesión e aprenderon como se traballan as redes. A continuación tiveron o Bautismo de vela. […]

Bolos Celtas

Gabri e Jairo, do clube de Bolos Celtas do Ceán (Nigrán) visitaron o colexio e explicaron ao alumnado dos diferentes cursos en que consiste este xogo tradicional, un pouco de historia e moita práctica. Adentrándose así, nun deporte moi descoñecido para moitos e moi practicado na nosa contorna (Val Miñor).

BENVIDOS AO CURSO 24-25

Neste novo curso as sorpresas chegan a nosa biblioteca, “A Fraga da Palabra”. Novos espazos e renovadas ilusións invádennos por todo o corpo Este curso o Colexio Andersen tecerá un novo PDI titulado “Todas as cancións falan de min”, para que toda a comunidade educativa participe dunha viaxe que nos permita bailar ao son da música […]