Biblioteca

Fomentando a lectura

A biblioteca comezou a súa andaina desde a mesma fundación do Colexio. As actividades están encamiñadas a fomentar no alumnado o gusto e afección á lectura, o contacto cos distintos xéneros literarios, así como o coñecemento de escritores, clásicos e actuais, a través de lecturas, concursos, contacontos, actividades plásticas, exposicións, encontros co autor… na consecución dun dos grandes obxectivos do Centro: o amor polos libros e a lectura.

O colexio está integrado no Plan de mellora de bibliotecas escolares da Xunta de Galicia (PLAMBE), co obxectivo de ofrecer unha biblioteca escolar activa e renovada para que alumnado e profesorado poidan avanzar nos seus obxectivos e ampliar a calidade dos procesos de aprendizaxe ou de ensino nos que estamos inmersos. Proporcionando un apoio imprescindible no desenvolvemento doutros programas do centro que poidan contribuír ao incremento do éxito escolar e persoal.

Ao longo do ano xorden múltiples propostas e actividades que xeran novas dinámicas relacionadas co mundo dos libros e cos procesos de aprendizaxe.

Lecturas recomendadas

Portada Verme de Fernández y González
Verme

Federico Fernández. Ed. Kalandraka. “Verme” é o nome que recibe este novidoso dispositivo mecánico dirixido por uns divertidos operarios, co que serás quen de cavar a terra, limpala e fertilizala, e mesmo viaxar ao centro da Terra. Mira con atención e poderás descubrir as súas aventuras!

Atlas Espana
Atlas de España. Un viaje para conocer lo más asombroso de España

Joaquín Arias Pereira e Alejandra Fernández Mingorance. Ed. GeoPLaneta. Poderás embarcarte nunha viaxe chea de sorpresas: explorarás desertos, escalarás volcáns, visitarás castelos, coñecerás seres mitolóxicos, mesmo poderás viaxar no tempo e descubrir que ocorreu aquí hai unha morea de anos e tamén coñecer a españois famosos que tiveron vidas moi interesantes.

Cartografia Cuento Popular
Cartografía del cuento popular

Nono Granero.Ed. Ekaré. Este libro agacha doce contos populares de procedencias moi diversas. Historias de sabios e meigas, heroes e malvados, princesas e mendigos, países lonxanos e infindas aventuras. Relatos presentados en forma de mapas que invitan a manter viva a maxia da tradición oral.