Loader

Espazo de intelixencias múltiples

Espazo de intelixencias múltiples

Innovación dos espazos de aprendizaxe

Queremos, desexamos e traballamos para que todo o Colexio Andersen sexa un espazo real e virtual para a aprendizaxe que nos serva para aprender e crecer como persoas, como grupo.

Desde fai moitos anos, desde a creación do Colexio Andersen, apostouse polo xogo, polo uso do Tempo Libre, como unha ferramenta de aprendizaxe dentro do horario escolar e dentro do currículo escolar.

Este espazo poderá utilizarse nos tempos de recreo, nos tempos lectivos de aprendizaxe.

Obxectivos:

  • Crear un espazo de aprendizaxe a través do xogo, de actividades interactivas e cooperativas.
  • Fomentar e estimular todas aquelas potencialidades que están presentes no desenvolvemento das intelixencias múltiples: lingüística-verbal, lóxico-matemática, naturalista, visual-espacial, musical, interpersoal e intrapersoal).
  • Crear una dinámica diferente que achegue e afonde nas potencialidades individuais e grupais do noso alumnado.
  • Descubrir novas formas e materiais para xogar.
  • Complementar o traballo-aprendizaxe de aula.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies