Este curso, co galo da conmemoración do 500 anos da expedición de Magallanes e Elcano, o primeiro navegante en dar a volta ao mundo, adicamos a Semana da Ciencia ás grandes expedicións.
Así, do 22 de novembro ao 04 de decembro, tiveron lugar no noso Colexio espectaculares conferencias que nos achegaron grandes retos vividos e realizados polos propios ponentes.
Marchamos dende o Annapurna e os chamados “oitomiles” con Sechu López ata a Antártida e a Base Antártica Española Juan Carlos I con Camilo José Gómez, pasando pola Cordilleira dos Andes con Milagros Iglesias e a través de Groenlandia con Begoña Vila. E por se quedaba algún lugar recóndito, como seguidores de Xulio Verne que somos viaxamos ao fondo das rías galegas para contemplar auténticos “tesouros afundidos” co buzo Fran García.
Invitámosvos a ser partícipes dos momentos estelares das conferencias nas vindeiras entradas.
Un saúdo.