Loader

03 de decembro. Día Internacional das persoas con discapacidade.

Galería

O día 3 de decembro, co galo da conmemoración  do Día Internacional das persoas con discapacidade, realizamos diferentes actividades no centro.

Por unha parte, participamos nunha iniciativa conxunta con máis de 60 entidades sociais sen ánimo de lucro implicadas na inclusión de persoas con capacidades diferentes. Así, baixo o lema “Baixo un mesmo paraugas”, o noso alumnado que conforma o equipo de mediación de 4º de ESO acudiu ao acto que tivo lugar na Praza da Estrela ás 12.00 en representación do noso Colexio. Mirade que bonito o paraugas que fixeron para a iniciativa!

Por outra, no Colexio todo o alumnado representou a forma dun paraugas, como podedes ver nas seguintes imaxes.

 

Categoría
Celebracións, Infantil, Primaria, Secundaria

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies