Loader
Centro Plurilingüe

A aprendizaxe do inglés faise dun modo absolutamente natural e xa en Educación Infantil os nenos e nenas desfrutan practicamente da metade da xornada diaria neste idioma. O profesorado, nativo ou completamente bilingüe, non emprega outro idioma que non sexa o inglés. Esta é a idade máis acaída para que a aprendizaxe dun idioma estranxeiro se faga do modo máis natural posible: non ensinamos inglés, ensinamos en inglés.

O resultado final é un bo nivel de comprensión e asimilación que andando o tempo se verá traducido nun magnífico uso nas destrezas comunicativas, tanto orais como escritas. Este sistema de traballo está avalado por cincuenta anos de traxectoria. O traballo realizado, cando rematan a súa vida escolar, xunto con esta práctica diaria, posibilita neles un profundo coñecemento, unhas habilidades extraordinarias e, sobre todo, ver con total naturalidade o emprego dun idioma que vén como cercano dende o primeiro día de clase.

TRINITY

O noso colexio é centro examinador autorizado Trinity e conta con profesorado especialista e auxiliares de conversa para consolidar a nosa aposta pola ensinanza da lingua inglesa.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies