Vivimos nunha realidade social caracterizada polo continuo cambio, organizada en sistemas plurais e globalizados, con novas esixencias laborais, claves culturais e modos de convivencia diversificados. O normal é a diversidade. A realidade é a materialización das expectativas creadas entre, por e para todos e todas. Unha realidade aberta, plural, flexible, acolledora, inclusiva. Na nosa tradición cultural, o respecto e o dereito ás liberdades individuais deben conciliarse co coidado e o proveito do ben común. Esta sociedade, para manter o seu nivel de desenvolvemento e funcionar de forma eficaz, demanda da cidadanía unha implicación a prol dunha tarefa colectiva: o benestar de todos e todas.
O Colexio Andersen non pode ficar arredado destes novos contextos e ten a obriga de responder con principios de actuación que incentiven e poñan en valor os obxectivos que consideramos, desde a nosa fundación, irrenunciables no ensino: a equidade, a igualdade de oportunidades e a formación educativa de calidade.
Os elementos que dan sentido ao noso traballo son a ensinanza para a vida, para a convivencia en sociedade, a ensinanza en valores, a ensinanza democrática e inclusiva, e a ensinanza no respecto ao medio ambiente e aos hábitos de vida saudables, O Colexio Andersen procura unha educación integral e afectiva, potenciando entre o seu alumnado o esforzo e o traballo, tanto individual como colectivo, ademais dunha:
O Colexio Andersen procura unha educación integral e afectiva, potenciando entre o seu alumnado o esforzo e o traballo, tanto individual como colectivo.
A aprendizaxe do inglés faise dun modo absolutamente natural e xa en Educación Infantil os nenos e nenas desfrutan practicamente da metade da xornada diaria neste idioma. O profesorado, nativo ou completamente bilingüe, non emprega outro idioma que non sexa o inglés. Esta é a idade máis acaída para que a aprendizaxe dun idioma estranxeiro se faga do modo máis natural posible: non ensinamos inglés, ensinamos en inglés.
O resultado final é un bo nivel de comprensión e asimilación que andando o tempo se verá traducido nun magnífico uso nas destrezas comunicativas, tanto orais como escritas. Este sistema de traballo está avalado por cincuenta anos de traxectoria. O traballo realizado, cando rematan a súa vida escolar, xunto con esta práctica diaria, posibilita neles un profundo coñecemento, unhas habilidades extraordinarias e, sobre todo, ver con total naturalidade o emprego dun idioma que vén como cercano dende o primeiro día de clase.
O noso colexio é centro examinador autorizado Trinity e conta con profesorado especialista e auxiliares de conversa para consolidar a nosa aposta pola ensinanza da lingua inglesa.
Nas NOF (Normas de organización e funcionamento do Centro) quedan recollidas as bases para un funcionamento eficaz do noso centro educativo, adaptando, por un lado, a normativa común ditada polas Administracións ao proxecto educativo do noso Colexio e tendo sempre presentes as circunstancias reais nas que viven e se desenvolven tanto o alumnado como as familias, que son a principal razón do noso ser docente.
A Programación Xeral Anual é un instrumento de planificación das actividades dun curso escolar.
A súa función é a de garantir a actuación coordinada de tódolas estruturas
organizativas e dos equipos de coordinación docente, proporcionar a participación e colaboración de tódolos sectores da comunidade educativa e definir a distribución responsable das tarefas e actividades, para acadar os obxectivos do Centro.
A presente Programación Xeral Anual para o curso 2019/20 foi aprobada Consello Escolar o 15 de outubro de 2019.
É un documento que integra todas as intervencións do centro destinadas ao fomento da lectura, da escritura e das habilidades informativas.
Procura a adquisición das competencias básicas, especialmente: