Curso 2017-18: segundo trimestre

Este trimestre adicamos as actividades da Biblioteca de Primaria ós abecedarios e ás palabras.

 

Visitounos Ledicia Costas que nos falou dos seus libros e das cousas que lle gustan.

No Día da Paz presentamos o libro Son un punto que ensina o valor da amizade e da solidariedade e que narra a aventura duns puntos brancos e outros negros que se atopan para construír un mundo mellor.

 

O 23 de febreiro homenaxeamos a Rosalía de Casto lendo algúns dos seus poemas.

E para o 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, fixemos unha selección de contos para nenas que non queren ser princesas.