Biblioteca Primaria 1º trimestre curso 2017-18. Os contos clásicos

 

As actividades da biblioteca de Primaria este 1º trimestre tiveron ós  contos clásicos como protagonistas.

Cincenta, A Bela Durminte, Polgariño, Carapuchiña Vermella, Rapunzel, Brancaneves... entre outros, coáronse na nosa pequena biblioteca para contarnos as súas historias e xogar e divertirse con todos os nenos e nenas que participaron creando fermosas historias, desenredando enigmas escondidos nos contos de sempre e descubrindo personaxes agochados entre adiviñas mentres, convertidos en detectives, seguían as pistas que cada día lles acercaban á solución.

 

O cine da Escola participou tamén proxectando películas como A Bela e a Besta, a Bela Durminte e Brancaneves.

Algúns alumnos presentaron e recomendaron libros que estaban a ler para animar ós seus compañeiros a compartir esas lecturas.

Neste primeiro trimestre continuamos tamén co proceso de informatización dos libros da biblioteca mediante o programa do Proxecto Meiga da Xunta de Galicia e comezamos a realizar o servizo de préstamo a través deste programa.

Contamos así mesmo coa inestimable colaboración dos alumnos de 5º e 6º de primaria que con notable entusiasmo contribúen ao bo funcionamento da nosa biblioteca.