Ler dá soños

Invitamos a pais, nais ou calquera familiar a que veña á nosa biblioteca a compartir con nós como comezou o seu gusto pola lectura.

Coas visitas desta tempada constatamos que a semente do amor aos libros prende fondo desde a infancia.

 

    

  

A próxima visita será a de Luis González, pai de Celia de 2º ESO e psicólogo da ONCE en Vigo, que nos falará do proceso de aprendizaxe da lectura dunha persoa cega e traerá diverso material relacionado coa lectura en Braille.

Dado o éxito que está tendo a actividade, chamade para reservar día. Esperámosvos impacientes!