A poesía feita canción

 

Homenaxeamos a dous grandes poetas da música: Bob Dylan e Leonard Cohen.

Bob Dylan acaba de recibir o Premio Nobel de Literatura 2016 pola súa obra poética en forma de canción. Para coñecer a súa produción colocamos diversos paneis nos corredores do colexio, que nos permitiron gozar coa letra das súas cancións. Do mesmo xeito nalgúns recreos proxectamos vídeos con cancións deste poeta para achegar algúns dos seus poemas ao alumnado.

 

 

 

O cantautor canadense Leonard Cohen, galardoado no ano 2011 co Premio Principe de Asturias das Letras, faleceu este ano. Fixemos unha pequena homenaxe que serviu, como no caso de Dylan, para coñecer a parte máis destacada da súa obra.