Outras actividades

 

Continuamos co proceso de informatización dos fondos da biblioteca a través do Proxecto Meiga da Xunta de Galicia e iniciamos o préstamo a través deste mesmo programa.

Asimesmo, desde o departamento da Biblioteca puxemos en marcha a "Hora de Ler", co obxectivo de erradicar clichés como que a lectura circunscríbese á biblioteca e ás clases de lingua e literatura.

Todos os profesores e profesoras están dedicando algunhas sesións da súa materia á lectura de calquera libro de calquera tema e xénero.

A actividade desenvólvese  escollendo unha das seguintes modalidades:

- O alumnado le un libro da súa elección (da biblioteca ou traído da casa).

- O alumnado le por quendas un libro escollido pola profesora ou profesor responsable da actividade.

- A profesora ou profesor len un libro da súa elección ao alumnado.

- O alumnado continúa lendo, por quendas, un libro que xa se leu na anterior sesión.