Curso 2018-19: primeiro trimestre

No primeiro trimestre a biblioteca de Infantil e Primaria da Escola fixo un percorrido polo mundo da piratería e baixo o título Piratas na Biblioteca investigamos sobre a figura do pirata galego Benito Soto Aboal e o seu barco Burla Negra,  as mulleres piratas, os corsarios, bucaneros e filibusteros, a vida á bordo dun barco pirata, a piratería na actualidade, piratas informáticos e os piratas no cine e na literatura.

 

Investigamos, documentámonos, aprendimos traballando en equipo e divertímonos coas aventuras dos piratas e o seu fascinante mundo, tanto os cativos de E. Infantil como os alumnos dos diferentes cursos de Primaria.

 

 

 

Todo este traballo discurriu en paralelo con outras actividades tales como a investigación sobre o marabilloso mundo literario de Xulio Verne e a celebración o 24 de outubro do Día das Bibliotecas Escolares.

 

 

O obradoiro de encadernación dirixido pola nai de Mateo, alumno de 4º de primaria e as actividades realizadas en torno ao Samaín.

A celebración o 25 de novembro do Día contra a Violencia de Xénero e a celebración o3 de decembro do Día da Discapacidade.

 

A investigación realizada por todos os cursos nos días previos ás vacacións de Nadal dos distintos costumes que ten cada país e celebrar as festas navideñas: gastronomía, personaxes , cantigas, ....