Felices vacacións

Hoxe 22 de xuño comezan para os alumnos as vacacións de verán. Cantos traballamos en Colexio Andersen desexamos pasedes unha boas vacacións.

Vémonos en setembro.

 

Do Anapurna ao Andersen

Como estaba previsto, Sechu López, de club Montañeiros Celtas, visitou a Escola para contar a súa experiencia e, sobre todo, contestar as mil preguntas, da súa expedición ao Anapurna (8091m.) no Himalaia nepalí.

O recebemento, a expectación, as preguntas e a satisfación foron numerosas. Imaxes espectaculares, vídeos significativos, música nepalí. Preguntaron por todo. Incluso cal vai ser a próxima. a pesares que aínda ten algún problema de conxelación nos pés.

Agradecemento, en sorrisos e aplausos, a sechu por compartir por primeira vez algunha imaxes da súa aventura.

Grazas, Sechu, e noroboa.

 

 

 

 

Axudas para adquisición libros de texto

Publicadas as axudas para adquisición de libros de texto (D.O.G. 1 xuño, que se pode consultar en internet ou na Escola). Para Primaria e Secundaria.

O prazo remata o 2 de xullo para Primaria e o 10 de xullo para ESO (se aproban en xuño) ou o 1 de outubro (se se examinan en setembro). As solicitudes faranse na Escola:

·        Impreso debidamente cuberto. Baixa  aquí o impreso

·        A documentación presentarase orixinal (que se devolve no momento) e copia.

·        Ingresos no 2010 ata 9000 euros/ano/membro familia.

·        Fotocopia de todos os membros libro familia.

·        Sentenza de divorcio ou similar se é o caso.

·        Minusvalía dalgún membro, se é o caso.

·        Certificado do padrón, se é o caso.

 

Unha vez tramitada, e aceptada, a Escola emitirá un vale para presentar na libraría. Poderase recoller ata o 15 de xullo ou en setembro.

Estancias Fin de Curso en Granxas/Albergues

Os día 18, 19 e 20 de xuño serán as estancias de fin de curso en granxas e albergues.

2º primaria irá a Serantellos (Cambados-Pontevedra). Programa actividades

4º primaria irá a Barreiros (Sarria-Lugo). Programa actividades

6º primaria irá a Alvarella (Pontedeume-A Coruña). Programa actividades

2º Secundaria irá a Gandarío (Bergondo-A Coruña)

ESO: II Xornadas de escalada

Logo do éxito da pasado curso, organízanse unhas xornadas de descubrimento da escalada para alumnos de Secundaria. Será no Galiñeiro, na tarde do venres 4 de maio, se o tempo o permite. Contaremos coa participación de varios pais de alumnos, expertos na materia, e a colaboración da anpa e da sección de escalada de Club Montañeiros Celtas, que ademais de monitores, aporta o material.

Data límite inscrición: mércores 30 de maio.

Mais información en secretaría da Escola.

APRAZADAS ata o 1 xuño polo mal tempo.