Reunión Pais-Profesores de Educación Infantil e 1º de Primaria

Celebrarase o luns 9 de setembro, as 19 horas. Máis info

Calendario de probas de setembro

Notas Secundaria

As notas finais do presente curso 2012-13, correspondentes á ESO, daranse o vindeiro mércores 26 de xuño, de 11 a 13 horas.

I Mostra de Teatro Escolar de Valladares

 

Os día 5 e 6 de xuño desenvolverase a I Mostra de Teatro Escolar de Valladares no Centro Veciñal de Valladares (onde o ano pasado celebramos a Festa de Fin de Curso).

Terá lugar de 11 da mañá a 12,30 horas, asistindo os alumnos de 3º e 4º de Primaria (mércores 5) e 5º e 6º de Primaria (xoves 6, coa actuación do Obradoiro de teatro da Escola).

 O xoves 6 de xuño, ás 17 horas, os alumnos de 5º e 6º de Primaria e de 1º e 2º de ESO dos Obradoiros de Teatro representarán para as familias e amigos de todas as idades as obras:

  • Touporroutou da lúa de do sol, de Roberto Vidal Bolaño (Letras galegas 2013).
  • Mary Poppins (adaptación do musical).

Libraría Andersen: podes adquirir o material que precises para o vindeiro curso

Como o curso pasado, podedes adquirir en Libraría Andersen os libros de texto, lecturas, dicionarios, atlas,… Pretendemos dar un servizo ás familias de xeito cómodo, a prezos competitivos e con facilidades de pago.

 Como facelo?

 Devolvendo cuberto o listado enviado (podes baixalo aquí ) (indicando cun X que material rexervades) enviándoo por fax (986469415) ou e-mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. Tamén podedes facelo por teléfono (986469412). En calquera caso debedes indentificarvos, indicar o nome do fillo e o curso no que estará no 2014-15.

Cando facelo?

Ata o 10 de xullo para infantil, primaria e ESO. Os de ESO tamén poderán encargar no mes de setembro.

 Os libros entregaranse o primeiro día de clase aos alumnos (tamén se poden retirar nos primeiros día de setembro) que os levarán a casa a forrar e poñer nome.

Para calquera dúbida, chamade á Escola.

 

Axudas para a adquisición libros de texto curso 2014-15 Primaria e ESO

 

Publicadas as axudas para adquisición de libros de texto (D.O.G. 30 maio, que se pode consultar en internet ou na Escola). Para Primaria e Secundaria.

 

O prazo remata o 2 de xullo para Primaria e o 10 de xullo para ESO (se aproban en xuño) ou o 30 de setembro (se se examinan en setembro). As solicitudes pódense facer na Escola:

 

·Impreso debidamente cuberto con todos os datos e con letra lexible. Pódese baixar aquí

 

·A documentación presentarase orixinal (que se devolve no momento) e copia.

 

·Ingresos no 2012 ata 9000 euros/ano/membro familia.

     Calcúlase sumando as casillas 455 + 465 dos que tiveron ingresos (Renta 2012) e dividindo entre os membros da unidade familiar.

 

·Fotocopia de todos os membros libro familia ou documento acreditativo.

 

·Sentenza de divorcio ou similar se é o caso.

 

·Minusvalía dalgún membro, se é o caso.

 

·Certificado do padrón, se é o caso.

. O alumnado ten a obriga de conservar en bo estado os libros de texto e incorporalos ao banco de libros da Escola ao remate do curso (agás 1º e 2º de Ed. Primaria)

 

 

Unha vez tramitada, e aceptada, a Escola emitirá un vale para presentar na libraría. Poderase recoller ata o 15 de xullo ou en setembro.

Se se tramitan os libros na Libraría Andersen haberá que asinar os vales nas mesmas datas que a recollida.