Axudas para adquisición libros de texto curso 2015-16 (cursos 1º, 2º, 4 e 6º Primaria e 1º e 3º ESO)

Publicadas as axudas para adquisición de libros de texto 2015-16

Só para 1º, 2º, 4º e 6º Primaria e 1º e 3º ESO. DOG 1 de xuño de 2015

  O prazo remata o 2 de xullo para Primaria e o 10 de xullo para ESO (se aproban en xuño) ou o 30 de setembro (se se examinan en setembro). As solicitudes faranse na Escola:

 ·Impreso debidamente cuberto con todos os datos, sinaturas e con letra lexible.

 ·A documentación presentarase orixinal (que se devolve no momento) e copia.

 ·Ingresos no 2013 ata 9000 euros/ano/membro familia.

      Calcúlase sumando as casillas 366 (base impoñible xeneral) e 374 (base impoñible de aforro) dos que tiveron ingresos (Renta 2013) e dividindo entre os membros da unidade familiar (membros unidade familiar con minusvalía igual ou superior ao 33% conta por 2).

 ·Fotocopia de todos os membros libro familia ou documento acreditativo.

 ·Sentenza de divorcio ou similar se é o caso.

 ·Minusvalía dalgún membro, se é o caso.

 ·Certificado do padrón, se é o caso.

 . O alumnado ten a obriga de conservar en bo estado os libros de texto e incorporalos ao Fondo de libros da Escola ao remate do curso (agás 1º e 2º de Ed. Primaria)

 Unha vez tramitada, e aceptada, a Escola emitirá un vale para presentar na libraría. Poderase recoller ata o 15 de xullo ou en setembro.

Se se tramitan os libros na Libraría Andersen haberá que asinar os vales nas mesmas datas que a recollida

Campamento de verán na Escola

A ANPA organiza un campamento de verán nas instalacións da Escola.

Do 22 de xuño ao 31 de xullo, desde os 3 aos 16 anos.

Máis info

Convocatoria de axudas para comedor e libros

O concello de Vigo convoca para o curso 2015-16 axudas para libros (só Ed Infantil) e comedor (Ed Infantil, Primaria e ESO)

Máis info

 

Eclipse de sol do 20 de marzo

O venres 20 de marzo (festivo) haberá unha quedada para as familias da Escola (pais/nais/nenos/nenas) no patio escolar para ver o eclipse de sol.

Estaremos desde as 8,50 horas ata as 10, 30 horas aprox.

 

TokApp School: comunicación Escola-Pais/nais

Utilizamos tokapp school para axilizar e mellorar as comunicacións entre a Escola e os Pais e Nais de alumnos.

Como sabedes, para recibir as comunicacións (circulares, notas a casa, mensaxes,...) debedes descargar, gratuitamente, a aplicación no móbil. De non ser así, reciberédelas no correo electrónico que indicáchedes.

Neste vídeo aparece como facelo.

Grazas pola vosa colaboración.

TOKAPP

CONSELLO ESCOLAR: Renovación parcial 2014

Aberto o proceso para a renovación parcial do Consello Escolar. Consulta a circular enviada aos pais/nais de alumnos/as e o calendario aprobado pola Xunta Electoral.

 Candidaturas presentadas sector Pais/nais de alumnos:

Alonso Reboredo, Paula, nai de alumno de 2º Ed Primaria

González Vilariño, Lara, nai de alumnos de 5º e 6º Ed Primaria

De acordo coa lexislación vixente, elíxense 2 pais/nais de alumnos. A votación realizarase o martes 25 de novembro, de 8,45 a 17,45 horas.