Reunión Pais-Profesores de Educación Infantil e 1º de Primaria curso 2015-16

Celebrarase o martes 8 de setembro, ás 19 horas. Máis info.

Comezo curso 2015-16

Próximo a comezar o novo curso, podedes consultar a circular

Fondo de libros de texto curso 2015-16 (cursos 3º e 5º Primaria e 2º e 4º ESO)

A Consellería de Educación regula o Fondo de libros de texto para os cursos 3º e 5º Ed Primaria e 2º e 4º ESO, para o curso 2015-16. (D.O.G 1 de xuño de 2015).

 

 As solicitudes faranse na Escola:

·    Impreso debidamente cuberto, con todos os datos, sinaturas (firmas) e letra lexible

·    Situación persoal e familiar a 31 de dembro de 2013

·    Fotocopia todos membros libro familia, ou documento acreditativo.

·    Minusvalía dalgún membro, se é o caso.

·    Sentenza de divorcio ou similar se é o caso.

·    Certificado do Padrón, se é o caso.

·    O alumnado ten a obriga de conservar en bo estado os libros de texto e devolvelos ao Fondo de libros da Escola ao remate do curso

Calendario de prazos:

1.      Solicitudes: ata o 30 de xuño

2.      Publicación na web da relación provisional de admitidos e excluídos: 7 de xullo

3.      Reclamación aos listados provisionais: 8 e 9 de xullo

4.      Publicación na web da relación definitiva de admitidos e excluídos: 15 de xullo

5.      Entrega de libros aos beneficiarios: 16 de xullo e 3, 4 e 5 de setembro

Entregaranse os libros (que se dispoñan) seguindo criterios aparecidaos no DOG


Listado provisional xerado pola aplicación informática da Consellería.

Listado definitivo xerado pola aplicación informática da Consellería

Axudas para adquisición libros de texto curso 2015-16 (cursos 1º, 2º, 4 e 6º Primaria e 1º e 3º ESO)

Publicadas as axudas para adquisición de libros de texto 2015-16

Só para 1º, 2º, 4º e 6º Primaria e 1º e 3º ESO. DOG 1 de xuño de 2015

  O prazo remata o 2 de xullo para Primaria e o 10 de xullo para ESO (se aproban en xuño) ou o 30 de setembro (se se examinan en setembro). As solicitudes faranse na Escola:

 ·Impreso debidamente cuberto con todos os datos, sinaturas e con letra lexible.

 ·A documentación presentarase orixinal (que se devolve no momento) e copia.

 ·Ingresos no 2013 ata 9000 euros/ano/membro familia.

      Calcúlase sumando as casillas 366 (base impoñible xeneral) e 374 (base impoñible de aforro) dos que tiveron ingresos (Renta 2013) e dividindo entre os membros da unidade familiar (membros unidade familiar con minusvalía igual ou superior ao 33% conta por 2).

 ·Fotocopia de todos os membros libro familia ou documento acreditativo.

 ·Sentenza de divorcio ou similar se é o caso.

 ·Minusvalía dalgún membro, se é o caso.

 ·Certificado do padrón, se é o caso.

 . O alumnado ten a obriga de conservar en bo estado os libros de texto e incorporalos ao Fondo de libros da Escola ao remate do curso (agás 1º e 2º de Ed. Primaria)

 Unha vez tramitada, e aceptada, a Escola emitirá un vale para presentar na libraría. Poderase recoller ata o 15 de xullo ou en setembro.

Se se tramitan os libros na Libraría Andersen haberá que asinar os vales nas mesmas datas que a recollida

Campamento de verán na Escola

A ANPA organiza un campamento de verán nas instalacións da Escola.

Do 22 de xuño ao 31 de xullo, desde os 3 aos 16 anos.

Máis info

Convocatoria de axudas para comedor e libros

O concello de Vigo convoca para o curso 2015-16 axudas para libros (só Ed Infantil) e comedor (Ed Infantil, Primaria e ESO)

Máis info