Convocatoria para a participación no fondo de libros de texto (3ºEP, 4ºEP, 3ºESO e 4ºESO) e axudas para adquirir libros de texto (1º e 2º EP) e material escolar (1º EP a 4º ESO) para o curso 2018-19

 As persoas beneficiarias de libros procedentes do fondo solidario do centro ou de axudas para adquirir libros de texto terán as seguintes obrigas:

  • Devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2017/18.
  • Está excluído desta obriga o alumnado beneficiario de axuda para adquirir libros de texto de 1º e 2º de EP, o alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, e o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo a que se refire a disposición adicional segunda, sempre que os libros ou o material adquirido non se poidan reutilizar.
  • A falta de devolución dos libros de texto, sexan do curso inmediato anterior ou de calquera outro, será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2018/19.
  • Conservar en bo estado os libros de texto e o material reutilizable recibido do fondo solidario ou adquirido coas axudas para libros de texto no curso escolar 2018/19 e devolvelos ao rematar este, en xuño ou setembro, segundo o caso.
  • Destinar o importe do vale para libros a adquirir os libros de texto que indique o centro en que estea matriculado o alumnado (1º e 2º EP).
  • Destinar o importe do vale para material a adquirir o material escolar que necesite (1º EP a 4º ESO).
  • Ao rematar o curso 2017/18, o alumnado beneficiario de libros de texto ou do material substitutivo dos libros cando sexa reutilizable, tanto se o recibiron do fondo solidario como se o adquiriron coa axuda para libros de texto, deberá devolvelo ao centro para a súa incorporación ao fondo solidario para o curso 2018/19.

O alumnado matriculado no proxecto educación dixital (E-Dixgal) 5º, 6º EP  e 1º, 2º ESO no curso 2018/19 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto.                                 Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar.

 Documentación para a presentación

 As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I e II) a seguinte documentación:

O impreso solicitude (anexo I e II) pódese obter aquí.

(No apartado Datos do Centro, o código é: 36014209)

  • Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computablesNos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2016, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:
    • Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
    • Certificado ou volante de convivencia.
    • Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
  •  Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.
  • Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

 

Comprobación de datos:

  • Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
    • DNI ou NIE da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar.
    • DNI ou NIE da persoa representante do/da solicitante.
    • Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou, na súa falta, o certificado tributario de imputacións no exercicio 2016 da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar, no seu caso.
    • Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente.
    • Certificado do grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de Galicia da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar, se é o caso.
    • Percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez, ou de pensión de clases pasivas por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade (equivalente a unha discapacidade igual ao 33 %), da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar, no seu caso.
    • En ambos os casos, a data de referencia é o 31 de decembro de 2016.
  • No caso de que as persoas interesadas (a persoa solicitante e os membros computables da unidade familiar) se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude e no de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e achegar os documentos.
  • Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
  • Poderán presentar solicitudes os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado incluído no artigo 1.1 desta orde. No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa coa que conviva en acollemento familiar.
  • A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2018/19, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso.
  • Se están admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros, en que se incluirán os admitidos nese centro para o curso 2018/19.
  • No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación Fondolibros será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno.
  • Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2018/19, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2017/18. Este centro rexistrará a solicitude de maneira que acredite a entrada desta en prazo e enviará ao centro de destino en que o alumno resulte admitido, que será o encargado da súa gravación e tramitación.
  • En caso de presentación (por vía electrónica e/ou presencial) de máis dunha solicitude, a persoa solicitante deberá presentar ante o centro docente un escrito indicando cal desexa que se tramite.
  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros: https://www.edu.xunta.gal/fondolibro a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
  • Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
  • Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
  • A solicitude deberá estar asinada polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumnado, e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, cumpre os requisitos exixidos nela e que son certos os datos indicados na solicitude; así mesmo, que se compromete a conservar en bo estado e a devolver ao finalizar o curso os libros de texto e o material reutilizable recibidos do fondo solidario ou adquiridos coa axuda para libros de texto.
  • En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2016, agás no caso de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica.