Loader

22/11-04/12/19. Semana da Ciencia: As grandes expedicións.

Galería

Este curso, co galo da conmemoración do  500 anos da expedición de Magallanes e Elcano, o primeiro navegante en dar a volta ao mundo, adicamos a Semana da Ciencia ás grandes expedicións.

Así, do 22 de novembro ao 04 de decembro, tiveron lugar no noso Colexio espectaculares conferencias que nos achegaron grandes retos vividos e realizados polos propios ponentes.

Marchamos dende o Annapurna e os chamados “oitomiles” con Sechu López ata a Antártida e a Base Antártica Española Juan Carlos I con Camilo José Gómez, pasando pola Cordilleira dos Andes con Milagros Iglesias e a través de Groenlandia con Begoña Vila. E por se quedaba algún lugar recóndito, como seguidores de Xulio Verne que somos viaxamos ao fondo das rías galegas para contemplar auténticos “tesouros afundidos” co buzo Fran García.

Invitámosvos a ser partícipes dos momentos estelares das conferencias nas vindeiras entradas.

Un saúdo.

 

Categoría
Novas, Primaria, Secundaria

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies