O emprazamento do noso colexio nunha contorna natural permítenos aproveitar de cheo recursos naturais e didácticos difíciles de imaxinar en contornas máis urbanas. Este contacto directo coa natureza e o seu aproveitamento didáctico, confire un valor engadido ao noso centro.
O colexio dispón de dous edificios independentes, un para Educación Infantil e Primaria e outro para Educación Secundaria. Dispoñemos dunha soa liña por nivel e ámbolos dous edificios contan coas instalación adecuadas para a realización do proxecto e programa educativo específico de cada nivel.