Día Internacional do Libro

O día 23 de abril sumámonos á conmemoración do Día Internacional do Libro con diferentes actos.

   Os nenos de Educación Infantil lembraron de que partes se forma un libro (portada, lombo…), ollaron en silencio libros das bibliotecas de aula e visionaron a marabillosa curtometraxe animada “The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore” de William Joyce e Brandon Oldenburg, nominado aos Oscar 2012.

 DIL Ed Inf

 

   Os alumnos de Educación Primaria realizaron unha sentada na que cada neno leu en silencio un fragmento do seu libro preferido traído da casa. O acto culminou coa lectura por parte dalgúns alumnos do capítulo primeiro do libro máis famoso da historia da literatura española: El Ingenioso Hidalgo Don Quijote de La Mancha de Miguel de Cervantes.

DIL Ed Prim

 

   Os alumnos de secundaria participaron nunha charla sobre o paralelismo entre as figuras de Cervantes e Shakespeare e os misterios que rodean á figura deste último. Como colofón fixeron unha lectura das primeiras páxinas de El Quijote e dun texto da escritora e xornalista Ángeles Caso titulado “Lectores del siglo XXI”.

DIL ESO


 

 

Contacontos "A princesa Sabela"

Conto A princesa Sabela

O día 20 de marzo tivemos na Escola unha sesión de Contacontos, a cargo de Iago López, para os nenos e nenas de Educación Infantil e primeiro ciclo de Educación Primaria.

Sabela é unha princesa que non quere ser princesa, non quere vestidos elegantes, nin que a peiteen, nin que a vistan... Ela prefire poder subir ás árbores, meter o dedo no nariz, vestirse e peitearse soa.

Unha mañá decide guindar a súa coroa ao estanque dos peixes. O rei, como castigo, ordea que Sabela traballe na cociña do palacio e no cortello dos porcos. Que divertido! Nunca fora tan feliz!

Contacontos

 

3º ESO. no Museo do Mar

O martes 20 de marzo, os alumnos de 3º de secundaria visitaron o Museo do Mar. A actividade xirou ó redor dos cultivos mariños que se practican en Galicia, fixeron un experimento sobre a calidade das augas para desenvolver a cría das diferentes especies e rematou coa visita ó acuario do museo que recolle todos os exemplares da nosa costa.

A visita foi guiada e explicada por persoal do museo a quen queremos amosar o noso agradecemento pola sua imprescindible colaboración.

Museo Mar 1

Museo Mar 2

Museo Mar 4

Museo Mar 3

Museo Mar 6

Museo Mar 5

 

1º ESO sube ó monte Galiñeiro

V xeodésico

Petroglifos Galiñeiro

O día 13 de marzo, os alumnos de 1º de secundaria fixeron unha ascensión cultural ó monte Galiñeiro e ó seu entorno. Pararon nos petroglifos da Auga da Laxe, nas mámoas e no castro. Antes de acadar o vértice xeodésico aínda exploraron a Cova da Becha. Na baixada, os muíños de maquías foron a derradeira parada. Todo foi acompañado por campestres bocadillos e moita auga.

Marcha patrocinada 2012

A marcha patrocinada, unha actividade que desenvolvemos desde fai máis de 20 anos, é unha marcha por etapas, ó final de cada unha hai un control no que se lle firma ós participantes para certificar a consecución da etapa.

Os alumnos, participa de 2º de primaria ata 4º de secundaria, buscan patrocinadores económicos nos días previos que se comprometen a financiar cada etapa cunha cantidade de diñeiro. Nos días seguintes ó remate da marcha os participantes entregan o recadado como colaboración para a viaxe de fin de curso dos alumnos de 4º de secundaria. Como cada ano se repíte a marcha os que colaboran este ano recibirán a mesma colaboración solidaria cando cheguen a 4º de secundaria.

Os alumnos de 4º sortean un MP4 e camisetas entre os compañeiros pola súa participación.

 

Marcha 4

 

Marcha 3

 

Marcha 2

 

 Marcha 1

Plano