Nadal 2012

Magosto. Monte dos Pozos

E. Primaria: Ludoteca

 A ludoteca é un espazo para fomentar as actitudes cooperativas, creativas e de socialización por medio do xogo. Teatro, expresión plástica, pimpón ou xadrez son algunhas das actividades que se desenvolven na ludoteca de E. primaria.

Do coidado e funcionamento da LUDO encárgase María cos LUDOTECARIOS  (alumn@s de 3º de E.P. ).

 

Os mércores  Jose Fontán  organiza clases de iniciación, partidas e torneos de  XADREZ

                                                       

   Uuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuu……..!!!!

O pasado martes 30 de outubro , para celebrar Halloween e Samaín ,a LUDO encheuse de vampiros, meigas, personaxes de cómics e pelis, zombis, monstros varios… .Foron máis de 70 nen@s os que se atreveron a pasar una tarde de sustos, medos… e risas.

Os que o desexaron, decoraron unha bolsiña para recoller chuches de Halloween e Samaín .

Podedes ver as fotos na GALERÍA

A LUDO agradecea participación e entusiasmo  enoooorme de Loli e Luis, a colaboración de Pili, Merchi e Candela na decoración, Suso na iluminación...

                                                                                           Graciñaaaaaaaaaaaasssssss

                                                                                                                   Ata pronto !

 

Presentación do libro "Rapoemas"

 

Maios e Letras Galegas

 Ahí ven o maio
de frores cuberto….
puxéronse á porta
cantándome os nenos

                                     Manuel Curros Enríquez

E cantamos, claro que cantamos, e bailamos, lemos poesías, fixemos Maios e honramos a Valentín Paz Andrade. Todo isto para recibir á primavera, á chegada do cálido e florido maio e conmemorar o Día das Letras Galegas.

Os alumnos de E. Infantil e E. Primaria fixeron un Maio colectivo mentres os de 1º e 2º de E. Secundaria construíron minimaios. Os de 3º e 4º de Secundaria adicáronse ó teatro e representaron a loita entre o Inverno e o Maio.

Así mesmo entregáronse caraveis e diplomas ós poetas gañadores dos Xogos Florais e os autores dos primeiros premios léronnos os seus poemas.

Danzas e actuacións musicais completaron esta tradicional conmemoración.

Maios 1

Maios 3

Maios 2

Maios 4

Maios 5

Maios 6

Maios 7

Maios 8

 

5º e 6º Primaria visitan o Berbés

Os alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria realizaron unha visita de carácter didáctico ao porto de Vigo (O Berbés). Recibidos por un guía do Porto, visitamos a lonxa (onde nos explicou as características e o funcionamento), a descarga de dous barcos de baixura con sardiña, os almacéns de preparado para enviar o peixe a distintos lugares de España,o tren de lavado das caixas e un viveiro de marisco.

E todo nunha mañá chuviosa. Mereceu a pena.