Velaquí a listaxe completa de premiados e premiadas: 

Categoría 1º ciclo da ESO

– Gañador: Mario Vázquez, Colexio Andersen, Valadares, Vigo (“Flores de fume”)

– 1º áccesit: Ainhoa Pereiras, IES Manuel García Barros, A Estrada (“Quen sabe”)

– 2º áccesit: Marina Collazo Couñago, IES Pedro Floriani, Vilaboa (“Verdades”)

 

Flores de fume

 

Faroas vermellas no soño do inverno

unhas invisibles e outras sangran

...a quietude tras o cambio fai cemiterios

e non delicadas matanzas.

Soan requiems nas emisoras

que moven a sombra alargada

                                                                       dos rumorosos.

Nos montes acumúlanse “nunca máis”,

pero quen fai nada?

Os corvos gorxan ao ver pesadelos,

detense ao ulir esa trémula fragancia.

Cando os verdes castros vólvense negros,

os berros rezan para que o diluvio

                                   cambie o alba.

Páranse todas as palabras e todos saben

que as máis tristes poden ser escritas

nesta noite por cinza, fume e lapas.

Acaso queda nada?

“Tranquilidade,- pide alguén-

sempre podemos regar incendios

 e prantar flores de lava”