Loader
Galería Privada
Colexio Andersen | Instalacións |
O Colexio Andersen ten como obxectivo esencial axudar a formar persoas capaces de ser autónomas e responsables nunha contorna académica e social, tomando conciencia do valor que o seu propio esforzo e as súas decisións teñen para contribuír ao seu desenvolvemento persoal e ao progreso da sociedade democrática, solidaria e libre da que forman parte.
Colexio, Andersen, colegio, Andersen, Hans, Christian, Vigo, Galicia, Enseñanza, calidad, Galego,
16265
page-template,page-template-full_width,page-template-full_width-php,page,page-id-16265,page-parent,bridge-core-1.0.6,tribe-no-js,ajax_fade,page_not_loaded,,side_area_uncovered_from_content,footer_responsive_adv,qode-child-theme-ver-18.2.1567671225,qode-theme-ver-18.2,qode-theme-bridge,qode_header_in_grid,wpb-js-composer js-comp-ver-6.0.5,vc_responsive

Instalacións

Benvidos/as ao Colexio Andersen

Historia

O Colexio Andersen está localizado no lugar de Augalonga, sito na Garrida, na parroquia de Valladares, ó sur do monte Alba e ó norte do monte Galiñeiro, pertencente ó Concello de Vigo. É un centro froito da xuntanza dun grupo de profesionais do mundo educativo que compartiron uns ideais pedagóxicos, apoiados por uns pais e nais empeñados en apoiar o tipo de escola na que madurarán os seus fillos e fillas.

O centro comeza o seu camiñar nun pequeno piso da Avenida de Fragoso, fronte o Estadio de Balaídos, no ano 1969. Anos máis tarde, acolléndose ó Programa de Transformación e Clasificación de Centros, construíuse o actual centro. A construción deste novo centro comezou no ano 1977 e xa no ano 1989 realízase un cambio xeracional na súa titularidade e parte do equipo de profesionais pasa a dirixir una nova etapa conservando o seu espírito inicial.

Instalacións

O emprazamento do noso colexio nunha contorna natural permítenos aproveitar de cheo recursos naturais e didácticos difíciles de imaxinar en contornas máis urbanas. Este contacto directo coa natureza e o seu aproveitamento didáctico, confire un valor engadido ao noso centro.

O colexio dispón de dous edificios independentes, un para Educación Infantil e Primaria e outro para Educación Secundaria. Dispoñemos dunha soa liña por nivel e ámbolos dous edificios contan coas instalación adecuadas para a realización do proxecto e programa educativo específico de cada nivel.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies