Premios Letras Galegas Centro Cultural

Visita ó Pergamiño Vindel

 

Os alumnos de 3º e 4º de secundaria visitaron o Museo do Mar para ver a exposición organizada ó redor do Pergamiño Vindel.

Este pergamiño é un texto copiado a finais do século XIII onde aparecen as sete cantigas de amigo de Martín Codax, coa notación musical incluída de seis delas.

O descubrimento desta xoia da nosa literatura débese o comerciante de libros antigos Pedro Vindel que o encontrou na súa biblioteca en 1914 servindo de forro a outro libro.

Despois de pertencer a varios propietarios foi comprado pola Pierpoint Morgan Library de Nova York, onde se conserva desde 1977.

Esta é unha ocasión única de ver este pergamiño que vaise de Galicia o vindeiro 4 de marzo.

 

 

 

Traballamos con AldaoLado

Os rapaces de 4º de Secundaria tiveron unha actividade de poesía e creación, canto e guitarra. Actividade de poesía, onde expresan as súas motivacións na adolescencia. dos primeiros amores e da dificultade de esquecelos, dos xoguetes da infancia, cancións, en defensa da arte da rúa e a creación de poemas en grupo.

Creatividade, espectáculo de poesía, música e humor.... Máis que interesante

4º ESO: Vigo na literatura

 

Hoxe visitounos de novo Paulo para facer un Obradoiro que tratou sobre o Vigo máis literario, pois a nosa cidade ten unha presenza destacada na literatura galega e na literatura noutras linguas. Hai moitas referencias a Vigo nas páxinas do mellor da obra de escritores como Cunqueiro, Méndez Ferrín, Domingo Villar, Jules Verne, Heminway,…  Grazas a eles Vigo adquire  como territorio narrativo, un valor propio.

OPS! O PORTUGUÊS SIMPLES

 

 


O xoves 5 de novembro, os alumnos de 2º da ESO tivemos a oportunidade de realizar un obradoiro de lingua portuguesa que nos permitiu achegarnos un pouco máis á realidade sociocultural  dese país, co que compartimos unha proximidade lingüística co galego que nos coloca nunha situación competencial preferente neste mundo globalizado que estamos a vivir.

O portugués hoxe en día é a sexta lingua máis falada no mundo; oficial en 8 países de catro continentes, sendo un deles Brasil, potencia emerxente.


 

 

 

O HIMNO GALEGO / LETRAS GALEGAS 2015

 

Breve historia da letra e música do HIMNO GALEGO e a súa BANDA DESEÑADA.

 


TEST / PASAPALABRA