2º ESO: Obradoiro de xabón

O mércores 26 de novembro Paula estivo a ensinarnos a elaborar o noso propio xabón. Os alumnos de 2º da ESO aprendemos que ingredientes utilizar e as súas proporcións, como levar a cabo todo o proceso, que herbas aromáticas e outros produtos como a avea podemos engadir, etc. Paula tamén nos explicou en que consiste a reacción de saponificación e nos contou algunhas curiosidades sobre o pH.

Enlace á galería da actividade

 

 

1º ESO: Obradoiro de crema hidratante

 

"O pasado martes 11 de novembro os alumnos de 1º da ESO do Colexio Andersen participaron nun obradoiro de ciencias organizado polo Concello de Vigo para aprender a facer crema hidratante. Marcelo veu ata noso centro e ensenounos como se leva a cabo o proceso de elaboración dunha crema hidratante a través dunha emulsión con cera de abellas. Falamos das distintas fases, os diversos emulxentes utilizados e os conservantes que contén. Ademáis Marcelo explicounos algúns dos graves problemas que están a pasar as abellas e a súa importancia nas nosas vidas. Foi unha mañá moi interesante e aprendemos moitas cousas".

Benvidos

Benvidos o blogue de ciencias naturais.