TRABALLAMOS COAS TICs OS ECOSISTEMAS (3ª PARTE)

Os alumnos de Bioloxía e Xeoloxía de 4ºESO realizarán unha nova investigación sobre os ecosistemas: as sucesións ecolóxicas e os lumes forestais Aula de Informática.

Descargarán a seguinte ficha e realizarán o traballo dacordo coas instruccións que inclúe. Unha vez rematada a ficha enviarán o traballo por e-mail ó profesor.

ENLACE: DESCARGA DA FICHA DE TRABALLO "OS ECOSISTEMAS III"

TRABALLAMOS COAS TICs OS ECOSISTEMAS (2ª PARTE)

Os alumnos de Bioloxía e Xeoloxía de 4ºESO realizarán unha segunda investigación sobre os ecosistemas e na Aula de Informática. Nesta ocasión traballaran os ciclos bioxeoquímicos.

Descargarán a seguinte ficha e realizarán o traballo dacordo coas intruccións que inclúe. Unha vez rematada a ficha enviarán o traballo por e-mail ó profesor.

ENLACE: DESCARGA DA FICHA DE TRABALLO "CICLOS BIOXEOQUÍMICOS"

Disección do corazón e aparello respiratorio

 

3º de ESO realizou unha práctica de Bioloxía (enmarcada nas unidades sobre o funcionamento do corpo humano) consistente na disección e estudo dun corazón e un aparello respiratorio dun porco. 

Poidemos ollar perfectamente a estrutura en cavidades (aurículas e ventrículos) do corazón, as válvulas que as interconectan, os grandes vasos sanguíneos que entran e saen do corazón (arteria aorta e pulmonar, vea pulmonar e cava), a diferenza de grosor do miocardio (músculo do corazón) entre o lado esquerdo e dereito.  Logo localizamos as arterias coronarias e as relacionamos cos infartos de miocardio.

 

Tamén investigamos a anatomía e fisioloxía do aparello respiratorio con chamativos resultados como se pode ollar no vídeo.  (Grazas a Alejandra por conseguir os órganos para a práctica).

 

 

 

 

 

 

 

Liques: o éxito da simbiose

O alumnado de 4º de E.S.O. (materia optativa de Bioloxía e Xeoloxía) adicou unha práctica ó estudo dos liques, un exemplo moi familiar de como a asociación de dous organismos totalmente diferentes (un fungo e máis unha alga) permite a colonización de todos os ecosistemas terrestres.

Mediante esta asociación, denominada simbiose, tanto as células da alga como as do fungo saen beneficiadas.

Na práctica de laboratorio fíxose unha observación macroscópica e microscópica de diferentes exemplares de liques recollidos nas zonas axardinadas, valados e árbores do colexio. 

Ne imaxe microscópica, obtida na práctica, pódense ollar perfectamente, as células da alga (cos seus pigmentos verdes) e as hifas do fungo (fíos brancos) asociadas no lique.
 

Coñece algo máis sobre os liques cliqueando no seguinte ENLACE e visionando o vídeo "La vida secreta de los líquenes".

TRABALLAMOS OS ECOSISTEMAS COAS TICs

Os alumnos de Bioloxía e Xeoloxía de 4ºESO realizarán unha investigación sobre os ecosistemas e a súa conservación na Aula de Informática.

Descargarán a seguinte ficha e realizarán o traballo dacordo coas intruccións que inclúe.  Unha vez  rematada a ficha enviarán o traballo por e-mail ó profesor.

ENLACE: DESCARGA DA FICHA DE TRABALLO "OS ECOSISTEMAS I"

Bioloxía 3ºESO: Viaxa ó mundo microscópico das células

O Laboratorio de Ciencias da ESO foi a plataforma de despegue para unha curiosa viaxe cara ó mundo das células, esas unidades básicas da que estamos feitos todos os seres vivos.

O alumnado, equipado con microscopios, tincións, portaobxectos e demais material, poideron realizar observacións de celulas vexetais da epiderme dunha cebola, dunha folla verde e da epiderme da boca humana.  Velaí os resultados:

Células da epiderme dunha cebola.  Pódense ver os núcleos das células e a parede celular.

 

Celulas dunha folla.  Os orgánulos verdes son os cloroplastos, encargados de realizar a fotosíntese.

 

Unha célula humana da pel da boca. Vese perfectamente a membrana plasmática, citoplasma e o núcleo.