Día da Paz 30 Xaneiro 2018

Este ano adicamos o 30 de Xaneiro, Día da Paz a facer unha reflexión sobre os muros/ fronteiras entre distintos países; Palestina – Israel, México – EEUU, …unha proposta educativa que levou por nome "Muros contra a Paz".

Entre todo o colexio fixemos un “muro” representativo coas distintas fronteiras.

 

Este ano a canción que cantamos entre todos foi Tú enemigo de Pablo López e Juanes.

https://www.youtube.com/watch?v=cKjUALPwNBU

 

 

 

5ºE.I Visita Biblioteca Neira Vilas 2018

6ºE.I Visita Biblioteca Juan Compañel 2018

4ºE.I Visita Biblioteca Neira Vilas 2018

4ºE.I Visita Cristina, nai de Pablo

A semana pasada tivemos outra visita de familia. Nesta ocasión visitounos Cristina, a mamá de Pablo. Cristina contounos cousas importantes sobre Pablo, como a súa comida favorita, as súas afeccións, o seu gusto polos animais,... Pablo ao día seguinte contounos que se esqueceu de contarnos a súa maior afección que é o gusto por facer surf co seu papá. O seu irmán Andrés xa ten “táboa de maior con quilla”; díxonos; estamos seguros de que el pronto a conseguirá!! :)

Ademais Cristina, despois narrounos o conto clásico Os tres porquiños. Xuntos contáronnos que Pablo ten unha gran colección de gomas de borrar, e trouxéronnos unha para cada un!

Moitas grazas Cristina pola túa visita! Moitos bicos de parte de todos! 

 

4º E.I Visita Inés e José Manuel, pais de Teo D.

Antes do Nadal e dado que os papás de Teo D. por horario de traballo non podían asistir ao cole para facernos unha visita, non foi ningún inconveniente para que xunto co noso compañeiro Teo e con moito agarimo preparasen un vídeo súper bonito deles.

Asegurámosvos que Teo fíxonos unha gran presentación de todos vós!

Moitas grazas papás por achegarvos á aula, aínda que fose virtualmente!

Un bico grande de parte de todos nós! Por certo! Esperamos que vos guste a foto que nos fixemos convosco!

Subcategorías