4ºE.I Visita Noelia e Bruno, pais de Zoe

Fai unha semanas visitáronnos Noelia e Bruno os papás de Zoe. Ensináronnos fotos de Zoe de cando era pequena, dos seus disfraces, … contáronnos que é o que máis lle gusta facer a Zoe cando está na casa, a súa comida favorita... Ademais non viñeron sós senón que lles acompañaba a mascota de Zoe; unha pequena tartaruga á que chama “Buhita”. Moitas grazas familia pola visita!

 

 

 

5ºE.I Viaxamos a Exipto

Rematamos a nosa viaxe por Exipto onde descubrimos unha cultura diferente e aprendemos un montón de cousas.

 

E.I Venres de Entroido

E.I Xoves de Entroido

4ºE.I Visita Patricia e Daniel, pais de Miriam

Hai dúas semanas tivemos a visita de Patricia e Daniel, mamá e papá de Miriam. Ensináronnos fotos de Miriam e a súa familia, do ben que o pasa xunto a eles, o ben que xoga coa súa irmá Candela, contounos os seus alimentos favoritos,… Despois os papás contáronnos un conto titulado “O libro inquieto”. É un conto moi divertido e con grandes sorpresas ao pasar cada páxina, quixemos facer honra ao seu nome e como nos empezamos  a “inquietar” decidimos terminar o conto a última hora. Despois ensinámoslles a Patricia e Daniel unha das cancións favoritas de Miriam “Unga balunga”.

Moitas grazas pola vosa visita!

Moitos bicos de parte de os nenos e nenas de 4º de Educación Infantil.

 

 

 

 

 

 

 

E.I Preparativos Día da Paz 2018

Subcategorías