6ºE.I Visita Andrés, pai de Andrés

Hai unhas semanas visitou  Andrés o papá de  Andrés a clase de 6º de Educación Infantil. Nesta ocasión o papá ensinoulles a súa afección estrela que é sucar os mares coa súa táboa de surf! Deunos unha clase maxistral a todos! Tomamos gran nota da técnica a seguir!

Vémonos nas ondas! Moitas grazas por vir!

Moitos bicos!

6ºE.I Traballo na horta

A pasada semana os alumnos de 6º de Educación Infantil, estiveron trasplantando os feixóns que previamente plantaran en clase e uns “chícharos dos de verdade” e non de lata.

Estamos seguros de que sairá unha gran colleita, fixérono con moito esmero e agarimo!

6ºE.I Visita Davinia e Julián, pais de Mateo

Outra visita que  tivemos  na clase de 6º de Educación Infantil,  foi a visita Davinia e Julián, os papás de Mateo. As súas afeccións favoritas son o mergullo e a lectura!

Moitas grazas familia pola vosa visita!

Moitos bicos!

6ºE.I Visita pais de Martina

Outra visita que tivemos na clase de 6º de Educación Infantil, foi a visita de Gonzalo e Cristina, papá e mamá de  Martina. Gonzalo ensinounos unha das súas afeccións que son as maquetas de avións e a afección de Cristina é o bordado. Por certo Cris gustounos moito o regalito bordado cos nomes de todos os compañeiros da clase de Martina.

Un bico moi grande familia!

Festa Maios e Letras Galegas 2018

E.I Preparativos Festa dos Maios 2018

Subcategorías