6ºE.I Traballo na horta

A pasada semana os alumnos de 6º de Educación Infantil, estiveron trasplantando os feixóns que previamente plantaran en clase e uns “chícharos dos de verdade” e non de lata.

Estamos seguros de que sairá unha gran colleita, fixérono con moito esmero e agarimo!

6ºE.I Visita Davinia e Julián, pais de Mateo

Outra visita que  tivemos  na clase de 6º de Educación Infantil,  foi a visita Davinia e Julián, os papás de Mateo. As súas afeccións favoritas son o mergullo e a lectura!

Moitas grazas familia pola vosa visita!

Moitos bicos!

6ºE.I Visita pais de Martina

Outra visita que tivemos na clase de 6º de Educación Infantil, foi a visita de Gonzalo e Cristina, papá e mamá de  Martina. Gonzalo ensinounos unha das súas afeccións que son as maquetas de avións e a afección de Cristina é o bordado. Por certo Cris gustounos moito o regalito bordado cos nomes de todos os compañeiros da clase de Martina.

Un bico moi grande familia!

Festa Maios e Letras Galegas 2018

E.I Preparativos Festa dos Maios 2018

6ºE.I Visita Santi e Araceli, pais de Óscar

Outra visita que tivemos na clase de 6º de Educación Infantil, foi nesta ocasión a dos papás de Óscar, Santiago e Araceli. Eles contáronnos que as súas maiores afeccións son as viaxes en familia nos que o pasan xenial, as súas rutas de sendeirismo desde que os nenos eran ben pequenos xunto coa súa procura incansable de ricos cogomelos! Moitas grazas familia pola vosa visita!
Moitos bicos de parte de todos!

Subcategorías