4º e 6º de Educación Infantil, visita familia de Estrella e Dulce

Hai unha semana visitounos a familia de Estrella e Dulce ao COMPLETO!!

Ruth a mamá, Pedro o papá e o irmán maior Diego. Primeiro viñeron á clase de Estrella, onde nos ensinaron fotos de cando Estrella era pequena e fotos familiares, a continuación o papá ensinounos tres dos contos favoritos de Estrella. Diego o seu irmán maior contounos o ben que o pasa coas súas dúas irmás.

Tras a visita á clase de Estrella continuaron visitando a clase de 6º de Educación Infantil, a clase de Dulce. Alí a familia contou cales son as súas afeccións, unha delas é a música e fixéronnos partícipes do ben que bailan ao ritmo da música, tamén lles gusta a piscina, as viaxes… Diego o irmán tamén ensinou o ben que se lle dá o baloncesto!!

Moitas grazas familia pola vosa visita!!

Se picades en cada foto veredes a visita nas dúas aulas.