4ºE.I Visita Cristina, nai de Pablo

A semana pasada tivemos outra visita de familia. Nesta ocasión visitounos Cristina, a mamá de Pablo. Cristina contounos cousas importantes sobre Pablo, como a súa comida favorita, as súas afeccións, o seu gusto polos animais,... Pablo ao día seguinte contounos que se esqueceu de contarnos a súa maior afección que é o gusto por facer surf co seu papá. O seu irmán Andrés xa ten “táboa de maior con quilla”; díxonos; estamos seguros de que el pronto a conseguirá!! :)

Ademais Cristina, despois narrounos o conto clásico Os tres porquiños. Xuntos contáronnos que Pablo ten unha gran colección de gomas de borrar, e trouxéronnos unha para cada un!

Moitas grazas Cristina pola túa visita! Moitos bicos de parte de todos!