O hospital dos matasáns

 

 

 

 

Os alumnos do Obradoiro de teatro de 5º e 6º de E.P. ofrecerán tres actuacións da obra: "O hospital dos matasáns" co seguinte horario:

Mércores 6 xuño, ás 13h. actuación para Educación Infantil e 1º E.P.

                         ás 13h 45´ actuación para 2º, 3º, 4º, 5º e 6º E.P.

Xoves 7 de xuño, ás 14h. 45´actuación para os pais e público en xeral

 

Como funciona un espazo natural protexido?

 

 

Ó longo do mes de maio o alumnado de 5º de E.P. participou nun proxecto denominado "Mergullándonos nas Illas Atlánticas" organizado polo Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia (Xunta de Galicia).

 

 

 O proxecto constaba dunha serie de etapas:

 

Os centros educativos que quixeran participar tiñan que solicitalo por escrito e presentar un traballo (un cómic sobre o espazo natural a visitar).  Loxicamente, a clase tivo que documentarse (folletos, libros, internet, vídeos,...) sobre as illas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada que forman o Parque Nacional.   Os centros eran seleccionados en función da calidade do traballo enviado.   O Colexio Andersen foi escollido grazas a un cómic no que un falcón pelegrín presentaba ós lectores a Illa de Ons.

 

 

 

 

En segundo lugar, un grupo de monitoras do parque visitaba o colexio e organizaba unha actividade na que, mediante diversos xogos, os rapaces descubrían o parque nacional, a súa flora e fauna, as medidas de proteción que se adoptan no espazo natural e o comportamento que debíamos manter durante a visita.

 

 

Chegou o momento máis desexado: a visita ás Illas Cíes. Tivemos sorte na segunda tentativa, pois na primeira data houbo mal tempo e os barcos non se facían á mar.  Desfrutamos dunha marabillosa xornada na que, mediante un entretido xogo por equipos, descubrimos os ecosistemas das illas: os fondos mariños, as praias e dunas, o mato e os acantilados.  Polo serán tivemos tempo de lecer entre os piñeiros e a praia... A auga estaba boísima!  De regreso no barco algúns incluso se animaron a botar uns bailes... Que ben o pasamos!

 

A derradeira etapa do proxecto foi deseñar e elaborar, entre todos, un folleto informativo das Illas Cíes, que participará no concurso "Mergullándonos nas Illas Atlánticas".  Velaí o tedes.

 

DESCARGAR FOLLETO CÍES COLEXIO ANDERSEN

 

 

4º ESO Obradoiro de Historia 2

 

ARQUITETOS DE FACHADAS BARROCAS

Estamos no século XVII, son tempos revoltos, a Igrexa católica sofre unha división que por primeira vez tambalea o seu poder. Por outra banda, os reis da época están obsesionados con acumular un poder absoluto, queren espallar a idea de que é o propio Deus que lles encarga que gobernen ós seus pobos, polo que a súa autoridade non se discute.

Temos pois ós dous poderes máis importantes da época necesitados do que hoxe en día chamariamos unha boa “campaña publicitaria” para que a xente non abandone a Igrexia católica e se someta ó absoluto poder do rei. E é neste contexto cando aparece un estilo que anos despois chamarán Barroco, e que será considerado como a arte ó servizo da propaganda e do control ideolóxico.

Hai que impresionar ó pobo e para iso non lles serve a “tranquilidade” do Renacemento, precisan movemento e fantasía, precisan monumentalidade.

Pois mans á obra. O cabido dunha catedral quere “alegrar” a vella fachada Románica do seu templo e convoca un concurso entre un grupo de xoves arquitectos totalmente partidarios do novo estilo. Terán que presentar maquetas das súas propostas…

Comezamos seleccionando aqueles elementos da arquitectura barroca que queremos que figuren, faremos un boceto en papel e logo a maqueta en arxila. O remate será práctico: imos a Sobrado dos Monxes e a Santiago.

Investigando as substancias segundo o seu enlace químico

Os alumnos de 3º de E.S.O. realizaron unha práctica de laboratorio de Física e Química para recoñecer algunhas propiedades das substancias en función do seu enlace químico.

As tres substancias empregadas foron o cloruro de sodio, o xofre e o ferro.  Nas tres estudouse o seu comportamento fronte a determinadas probas como:

  • Solubilidade en auga.
  • Solubilidade nun disolvente orgánico (augarrás).
  • Condución da electricidade en estado sólido.
  • Condución da electricidade en disolución acuosa.

Unha vez realizadas as probas recolléronse os datos nunha táboa e comparáronse os resultados co explicado nas clases teóricas.

O alumnado chegou, mediante discusión en grupo, ás seguintes conclusións:

  • O cloruro sódico é un composto no que os seus átomos están unidos por enlace iónico.
  • O xofre é unha substancia pura na que os seus átomos están unidos por enlace covalente.
  • O ferro é unha substancia pura na que os seus átomos están unidos por enlace metálico.

Cliqueando neste enlace dispoñedes de máis información e animacións sobre os diferentes tipos de enlace químico.

4º ESO Obradoiro de Historia

 CONSTRUCIÓN DUN ARCO DE MEDIO PUNTO

 Quen disparou a primeira frecha?. Quen teceu por primeira vez uns fíos?. Como se lles ocorriu facer un arco de medio punto?.

 A algunha destas preguntas tentan dar resposta os obradoiros de historia.

 A evolución da nosa cultura viu moitas veces marcada por inventos ou descubrimentos que supuxeron grandes ou pequenas melloras na vida do home. Algúns destes feitos podemos recrealos na clase de historia, en obradoiros que nos poñen en contacto, de xeito experimental e manipulativo, con técnicas constructivas primitivas, con texturas e materiais que imitan as condicións que propiciaron que algún dos nosos antepasados berrara iso de: Eureka!!!

 A metodoloxía comeza pola investigación sobre o tema, logo ven o desenvolvemento dun proxecto previo e por último a materialización do proxecto. Non pretendemos unha rigurosidade científica, móvenos máis a idea de que o obradoiro é un espazo de experiencia e traballo cooperativo, de autoaprendizaxe onde poder reeditar algunhas visións da historia.

 

 

TRINITY: 100% DE APROBADOS

Our congratulations to all our students. WELL DONE!!