6ºE.I Visita Susana e Javier, pais de Alba

Hai un tempo visitáronnos Susana e Javier, mamá e papá da nosa compañeira Alba da clase de 6º de Educación Infantil. Contáronnos que a súa afección favorita é viaxar! Percorreron medio mundo! Uns auténticos aventureiros!! Moitas grazas familia pola visita! Alba quedou moi contenta! Moitos bicos de parte de todos!

6ºE.I Visita Andrés, pai de Andrés

Hai unhas semanas visitou  Andrés o papá de  Andrés a clase de 6º de Educación Infantil. Nesta ocasión o papá ensinoulles a súa afección estrela que é sucar os mares coa súa táboa de surf! Deunos unha clase maxistral a todos! Tomamos gran nota da técnica a seguir!

Vémonos nas ondas! Moitas grazas por vir!

Moitos bicos!

6ºE.I Traballo na horta

A pasada semana os alumnos de 6º de Educación Infantil, estiveron trasplantando os feixóns que previamente plantaran en clase e uns “chícharos dos de verdade” e non de lata.

Estamos seguros de que sairá unha gran colleita, fixérono con moito esmero e agarimo!

6ºE.I Visita Davinia e Julián, pais de Mateo

Outra visita que  tivemos  na clase de 6º de Educación Infantil,  foi a visita Davinia e Julián, os papás de Mateo. As súas afeccións favoritas son o mergullo e a lectura!

Moitas grazas familia pola vosa visita!

Moitos bicos!

6ºE.I Visita pais de Martina

Outra visita que tivemos na clase de 6º de Educación Infantil, foi a visita de Gonzalo e Cristina, papá e mamá de  Martina. Gonzalo ensinounos unha das súas afeccións que son as maquetas de avións e a afección de Cristina é o bordado. Por certo Cris gustounos moito o regalito bordado cos nomes de todos os compañeiros da clase de Martina.

Un bico moi grande familia!

Festa Maios e Letras Galegas 2018