Presentación da SEMANA DA CIENCIA
- Detalles
- Categoría: Blogs
- Publicado o Sábado, 23 Xuño 2018 17:16
Do 07 ao 11 de maio, celebramos no colexio a SEMANA DA CIENCIA.
Este foi o programa de actividades:
Para a súa presentación, fixemos os seguintes vídeos. A ver que os parecen!
En Educación Primaria:
?>
Na ESO:
Visita á Granxa de Xesteira de 6º EP
- Detalles
- Categoría: Blogs
- Publicado o Sábado, 23 Xuño 2018 17:04
Así de divertido foi un dos días da nosa vida na Granxa de Xesteira!!
Ed. Infantil e 1º Ed.Primaria. Praia da Xunqueira e Parque de Meira
- Detalles
- Categoría: Educación infantil
- Publicado o Xoves, 21 Xuño 2018 12:09
6ºE.I Visita Carmen e Alejandro, pais de Ale
- Detalles
- Categoría: Educación infantil
- Publicado o Xoves, 21 Xuño 2018 12:05
Hai unhas semanas visitáronnos Carmen e Ale os pais de Ale. Contáronnos que a súa maior afección é viaxar en familia todo o que poden e máis, ademais de practicar surf sempre que hai boas ondas! Non se perden unha!
Moitas grazas familia pola vosa visita!
Moitos bicos!
4º e 6º de Educación Infantil, visita familia de Estrella e Dulce
- Detalles
- Categoría: Educación infantil
- Publicado o Martes, 05 Xuño 2018 10:54
Hai unha semana visitounos a familia de Estrella e Dulce ao COMPLETO!!
Ruth a mamá, Pedro o papá e o irmán maior Diego. Primeiro viñeron á clase de Estrella, onde nos ensinaron fotos de cando Estrella era pequena e fotos familiares, a continuación o papá ensinounos tres dos contos favoritos de Estrella. Diego o seu irmán maior contounos o ben que o pasa coas súas dúas irmás.
Tras a visita á clase de Estrella continuaron visitando a clase de 6º de Educación Infantil, a clase de Dulce. Alí a familia contou cales son as súas afeccións, unha delas é a música e fixéronnos partícipes do ben que bailan ao ritmo da música, tamén lles gusta a piscina, as viaxes… Diego o irmán tamén ensinou o ben que se lle dá o baloncesto!!
Moitas grazas familia pola vosa visita!!
Se picades en cada foto veredes a visita nas dúas aulas.
4ºE.I Visita Belén, nai de Martín
- Detalles
- Categoría: Educación infantil
- Publicado o Martes, 05 Xuño 2018 10:34
A pasada semana visitounos Belén a mamá de Martín. Ensinounos fotos de familia e contáronnos xuntos cousas que lles gusta facer a Martín con eles. Ademais entre os dous, contáronnos un conto súper bonito titulado O peixe Arcoíris e temos a sorte de que nolo regalaron para a biblioteca de aula!!
Ademais como Martín cumpre no verán celebramos por anticipado cun delicioso biscoito e un detalle para cada compañeiro!
Moitas grazas mamá pola túa visita!
Moitos bicos de parte da clase de 4º de Educación Infantil, sin duda disfrutaremos moito da lectura!