Educación Infantil: Micro - marcha

Barroco galego: Sobrado dos Monxes e Santiago

O pasado día 18 de abril, os alumnos de 3º de secundaria, dentro das actividades da materia de Xeografía e Historia, fixeron unha visita ó Mosteiro de Sobrado dos Monxes e a Santiago como remate do traballo sobre a arte barroca. Aquí vos deixamos algunhas impresión de como se pasou o día.

4ºE.I Visita Andrés, pai de Pablo

Hai uns días visitounos Andrés o papá de Pablo. Contounos cousas de Pablo, os seus xogos favoritos cando está na casa, cousas sobre a súa nova casa… O papá ademais tróuxonos unha sorpresa para todos, uns complementos de photocall! Quedamos así de guapísimos!

Grazas Andrés pola túa visita!

E.I Saída a praia de Samil

4ºE.I e 2ºE.P Visita a granxa de Venancio

Para finalizar o noso proxecto sobre os animais de granxa tivemos a magnífica oportunidade de poder visitar a granxa do noso veciño Venancio. Organizámonos e xunto coa clase de 2º de Educación Primaria que tamén van empezar o mesmo proxecto fomos de visita todos xuntos "pequenos e maiores", unha oportunidade de aprender uns dos outros. Alí Venancio ensinounos todos os animais que ten.

Ademais ensinounos os seus curiosísimas galiñas que poñen OVOS AZUIS!! Ao chegar ao cole abrimos un dos ovos, para ver cómo era por dentro!

Grazas Venancio por abrirnos as portas da túa casa, sen dúbida unha gran experiencia para todos!

 

 

 

 

VIdeo musical 4º ESO

Behind blue eyes Alumn@s de 4º ESO Curso 2017-18 Profesor: Eneas Fernández

Behind blue eyes from MusicaAndersen on Vimeo.