Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

Hoxe, 25 de novembro celébrase, ano tras ano, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, unha xornada na que a sociedade trata de mitigar esta importante lacra. Como a educación é un aliado imprescindible para este labor,  na escola traballamos a non discriminación cada día, pero onte quixemos concienciar especialmente ao alumnado cunha actividade ao redor da publicidade sexista e de recortes de prensa humillantes.

Empregando unha estrutura simple de aprendizaxe cooperativa denominada “1-2-4” chamamos a súa atención sobre xestos que perpetúan a desigualdade e debatiron sobre estereotipos insultantes.  Resultou moi gratificante velos cuestionar os roles tradicionais de xénero e construír novas narrativas que contribúen a proxectos de vida igualitarios entre mozas e mozos.